Skip to main content
ActualidadeBegonte

Convocadas novas edicións do certames do Belén de Begonte

Por 10 Decembro, 2019Decembro 13th, 2019Sin comentarios

O Centro Cultural de Begonte convocou un ano máis unha serie de certámenes culturais paralelos á programación do Belén de Begonte, que abriu as súas portas o día 5 de decembro e que se manterá ata finais de xaneiro. Como novidade este ano, a loita contra a violencia faise un oco no concurso de arte, xa que será o eixe da temática das obras.

CERTAME DE POESÍA. Xa está aberto o certame de poesía sobre o nadal, no que poderán participar todos os poetas que o desexen con textos en galego e en castelán, valorándose especialemente os que fagan referencia ao Belén e non hai limitación na medida dos versos nin no tipo de construción. O premio estará dotado con 600 euros e estatuíña de Sargadelos e haberá tamén un segundo, que recibirá 300 euros e estatuíña. O prazo de presentación, que será en sobre pechado, remata o 6 de xaneiro.

CERTAME DE ARTE. O premio de José Domínguez Guizán de arte convócase esta no cunha importante novidade, xa que as obras que se presenten deberán promover a igualdade e loitar pola erradicación da violencia sexual. Estará dotado con 1.500 euros e estatuíña de Sargadelos e se adxudicará a unha obra pictórica que decida un xurado de especialistas. O certame está aberto a todos os pintores galegos, de procedencia ou residencia, con tema libre, que deberán presentar un máximo de dúas obras antes do 25 de decembro. Ao finalizar o certame organizarase unha mostra con todas as obras presentadas.

CERTAME DE XORNALISMO. Así mesmo está convocada a XLIV edición do Certamen xornalístico, no que podrán tomar parte todos os que publiquen en calquera medio escrito e internet en lingua galega e castelá un traballo sobre o Nadal de Begonte ou o Nadal en Galicia.

O primeiro premio estará dotado tamén con 600 euros e o segundo con 300, ambos os dous con estatuíña. O prazo de entrega dos traballos está fixado tamén no 6 de xaneiro no Centro Cultural e deberá facerse en sobre pechado.

CERTAMEN DE DEBUXO INFANTIL. Para os máis pequenos xa está convocado tamén o XLIV Certame de debuxo infantil sobre o nadal no que poderán participar todos os nenos que o desexen a través dos seus colexios.

Como en anos precendentes, haberá dúas categorías, para menores de 10 anos e para os que teñan entre 11 e 15 anos. Nas dúas categorías haberá tres primeiros premios, dotados con 60 euros e trofeo, e 5 segundos, con 30 euros.

Os temas dos traballos serán libres sempre con referencia ao nadal e cada colexio deberá escoller un máximo de 25 para presentar. O último día de recepción de debuxos é o 24 de decembro.

Tamén están montados na entrada da Biblioteca Provincial de Lugo os seis paneis da exposición No Belén de Begonte, con fotografias do Belén electrónico e anacos de poesías premiadas no Certame Nacional de Poesía.

As 50 fotografías son de Miguel Calvo, Miguel Fraga, Fernando Gago, José Manuel Guisasola, Gerardo Méndez e Eduardo Ochoa, membros do Grupo Fonmiñá. Os 40 anacos de poemas son de autores de toda España, entre os que figuran os lucenses Manuel Rodríguez López, Xosé Otero Dcanto, Fiz Vergara Vilariño, Marina Cillero Rodríguez, Baldomero Iglesias Dobarrio, Marica Campo Domínguez, Pablo Núñez González, Carlos López Fernández, Noelia Martínez Rey, Luis Celeiro ÁLvarez e Martiño Maseda.