Momán volve abrir o Nadal coa súa festa anual

As Asociación de mulleres rurais Saudade de Momán, en colaboración co concello, celebrarán o inicio do Nadal o día 14, sábado, a partir das 17.00 horas co acendido das luces e a visita de Papá Noel. Nesta xornada festiva haberá chocolate con churros e unha exposición de postais con todas aqueles que realicen os nenos. Así, estes deberán solicitar a súa cartulina para facer a súa postal ou facer o seu propio adorno para a árbore, polos que recibirán un agasallo.

Durante a tarde, Papá Noel, recibirá a todos os nenos e recollerá as súas cartas.

Completará o programa o sorteo de cinco bonos dunha noite para unha parella no Spa Attica de Vilalba.

Os interesados en asistir á sesión do 14 deben anotarse no 618 557 160 falando con Ana.

Etiquetas