Guitiriz promove unha exposición de xoguetes antigos con motivo do Nadal

O Concello de Guitiriz promove unha exposición de xoguetes antigos con motivo da programación de Nadal, con título Os xoguetes de meus avós.

Na mostra poderanse observar pezas das décadas dos anos cincuenta e sesenta, especialmente xoguetes caseiros, xa que segunda comenta o impulsor desta colección, “naqueles anos había que empregar moito a imaxinación”, comenta Pepe. Haberá tamén algunha máquina de coser antiga, un triciclo e un patinete. 

A exposición poderase visitar no sótano da Casa Habanera, do 21 de decembro ata o 10 de xaneiro, en horario de 10.00 a 14.00 horas. Desde o Concello de Guitiriz queren agradecer a súa aportación a Pepe de Pígara, xa que “colabora con nós de xeito altruista e esta mostra é moi importante para recordar o que fumos como pobo”, destacan. 

Etiquetas