Vilalba desfrutará do concerto Voces da Chaira

O 15 de decembro o Concello de Vilalba prepara o concerto Voces da Chaira que será no auditorio municipal ás 20 horas.

A Coral Voces da Chaira dará o seu primeiro concerto interpretando un repertorio composto por músicas tradicionais, actuais ou grandes zarzuelas e óperas.

Na primeira parte do concerto poderase desfrutar das obras Pavane pour une infante defunte, Granada, Adiós lucero de mis noches, No llores por mi Argentina, Sementeira e Camariñas.

Na segunda serán La boda de Luis Alonso, La leyenda del beso, Nabucco, La del soto del parral, La rosa del azafrán co coro de espigadoras e outra versión coa canción do sembrador, e La verbena de la paloma, unha habanera e unha seguidilla.

Actualmente está composta por 70 voces mixtas divididas en catro cordas procedentes de tres corais da comarca da Terra Chá, Coral Luar de Vilalba, Coral Polifónica Vilalbesa e Coral Municipal Virxe do Monte de Cospeito, dirixida por José Miguel Díaz Coira.

Este conxunto de músicos xúntanse baixo a batuta de José Miguel Díaz Coira, o director, e están acompañados de Néstor Xesús González e Aurelio Fernández, ambos os dous pianistas.

A entrada é balde ata completar aforo.

Etiquetas