A biblioteca de Castro celebrará un obradoiro de decoración de Nadal

A biblioteca de Castro de Rei acollerá os días 18 e 19 de decembro un obradoiro de Nadal.

Os participantes están citados nas instalacións do centro Poeta Crecente Vega ás 17.00 horas para aprender a decorar a biblioteca.

O taller está dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 10 anos.

Os interesados en participar poden avisar por teléfono (982 314 356) ou polo Facebook para poder deste xeito dispoñer o material necesario.

Etiquetas