Vilalba abriu un concurso popular de escaparates

O Concello de Vilalba vén de organizar o primeiro concurso de escapates, que xa está en marcha dende o día 13 e que e celebrará ata o 6 de xaneiro.

Así, neste tempo de Nadal, os establecementos que así o desexen competirán por ter o escaparate mellor e máis orixinalmente decorado, nunha iniciativa que se encadra dento da Campaña Municipal: En Vilalba, Comercio Local.

Os interesados en participar poden consultar as bases na páxina web municipal. O prazo para participar xa pechou pero agora ábrese o momento das votacións do xurado, que estará composto polos veciños de Vilalba, que votarán por medio de facebook. Así, os que teñen máis me gusta serán o gañadores. No caso de empate, será o número de ❤️ (encántame) o que decida.

Etiquetas