A mostra sobre Fraguas chega a Rábade

A exposición itinerante Os nove anos de Fraguas en Lugo, do Colectivo Egeria, abriu hoxe no IES Río Miño de Rábade, onde permanecerá ata o 20 de novembro.

O proxecto Fraguas en Lugo está composto polo libro Os nove anos de Fraguas en Lugo, que recolle textos dos promotores desta iniciativa, e doutros amigos e antigos alumnos de Antonio Fraguas, sobre os nove anos que este pasou en Lugo, e da profunda pegada que deixou na cidade e na sociedade lucense; unha exposición itinerante, composta por doce paneis, nos que se resumen os contidos do libro, e que está a percorrer toda Galicia; e a web fraguasenlugo.org, que recolle todas os contidos da publicación en papel.

Convocados polo profesor Manuel Regueiro Tenreiro, que tivo gran relación profesional e persoal con don Antonio Fraguas, reuniron recordos o historiador Antonio Prado Gómez e os antigos alumnos do vello profesor, Paco Martín, Xulián Parga e Xulio Xiz, para serlle dedicado a Fraguas o Día das Letras Galegas do ano 2019 e facer un achegamento á pegada que o Mestre Fraguas deixou na cidade das murallas.

Polo recente pasamento do profesor Manuel Regueiro Tenreiro, a homenaxe a Fraguas vén ser tamén unha homenaxe póstuma ao iniciador deste proxecto, o derradeiro no que con grande ilusión se involucrou.A mostras sobre Fraguas chega a Rábade

Etiquetas