Begonte prepara moitas actividades para este Nadal

O Concello de Begonte prepara varias actividades para este Nadal que darán comezo o día 19 cunha audición na Casa da Cultura ás 20.00 horas das Escolas municipais de Música de Rábade, Begonte e Outeiro.

O día 24 de decembro haberá unha visita de Papá Noel ao Concello ás 17.00 horas e tamén poderán degustar dunha chocolatada na praza do Concello.

O día 26 os cativos begonteses farán unha visita a Xuvenlugo ás 16.00 horas e voltarán ás 20.00 horas e o 29 o grupo Mircromina representará Gyrovagus ás 17.30 na Casa da Cultura.

Xa en xaneiro, o día 3 haberá un contacontos do Ratiño Pérez ás 12.30 horas, e o día 4 presentarase o libro D’María de Emilio R. Pérez.

O día 5 chegará a esperada Cabalgata dos Reis, que fará a súa saída ás 16.30 da Casa do Concello, para despois pasar polas rúas de Begonte e saudar aos pequenos no pavillón ás 17.00 horas.

Ademais, as súas Maxestades farán entrega duns agasallos e desfrutarán dunha festa de Nadal cos cativos na que haberá pintacar, globoflexia e moitas sorpresas.

Por outra banda, o Concello de Begonte prepara un campamento de Nadal para nenos de 3 a 13 anos.

Neste campamento, que será o 23, 26, 27 e 30 de decembro e 2 3 de xaneiro, haberá talleres artísticos no Ceip de Begonte, unha visita a Xuvenlugo, obradoiros musicais no Ceip de Begonte, maxia na Casa da Cultura, multideporte no Ceip de Begonte e contacontos na Casa da Cultura.

O horario será de 9 a 14 horas, facendo un pequeno descanso d emedia hora ás 11 para tomar un aperitivo.

Para poder participar é necesario apuntarse antes do 20 de decembro e terá un prezo de 30 euros.

Etiquetas