O Castro de Viladonga acolle unha visita comentada á escavación

O Castro de Viladonga acollerá o sábado 21 de decembro unha visita comentada á escavación, que leva por título Abre as murallas: Vilabdonga Viva.

A charla, que se desenvolverá a prtri das 12.00 horas, estará a cargo de Yolanda Álvarez, arqueóloga directora da actuación, e do tamén arqueológo especializado Tito Concheiro.

A entrada é libre e de balde.

O último achados no castro de Viladonga das últimas escavacións mostran restos dun muro defensivo, de tres vivendas e de escaleiras de acceso ao adarve da muralla. A empresa Terra Arqueos, encargada dos traballos, continuará escavando ata principios do 2020 polo que poderán ampliarse os descubrimentos.

Os restos están situados moi preto do alxibe que apareceu na anterior campaña de traballos, aínda que neste caso a orixe parece un pouco posterior. O do 2019 foi un achado singular, sobre todo porque axudou a reforzar a idea da ocupación prerromana no recinto. Tamén tivo o valor de tratarse dunha construción de uso público, non dunha vivenda privada.

Etiquetas