Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Vaise mellorar o PAI de Guitiriz

Por 21 Decembro, 2019Sin comentarios

Vanse destinar 142.000 euros a financiar a mellora de infraestruturas e equipamentos de escolas infantís de 0 a 3 anos e puntos de atención á infancia (PAIs) municipais de oito concellos da provincia de Lugo. 

Esta liña de axudas está dirixida ás corporacións locais para a adecuación dos centros da súa titularidade a través da realización de obras menores e da compra de equipamento. Na zona chairega concedérase a achega para o PAI de Guitiriz.

Cada entidade local pode recibir unha axuda máxima de 35.000 euros: 20.000 para obras de adecuación, mellora e accesibilidade da escola; e 15.000 euros para a compra de equipamento e de dispositivos para a integración das novas tecnoloxías nas aulas, tales como ordenadores, encerados dixitais, gravadoras, cámaras de vídeo ou similares.