Gran actuación do Club Atletismo de Friol en Marín

Boa actuación dos representantes do Club Atletismo Friol no Trofeo de Nadal do Concello de Marín, encuadrada dentro do circuíto de atletismo Primitivo Simón de Pontevedra e onde os deportistas de Friol conquerían un total de tres victorias.

A atleta máis destacada era María Carballido, que lograba un total de dúas victorias, xa que se impoñía na proba dos 1.500 metros lisos cun tempo de 5.02 minutos e tamén entraba na primeira posición na carreira dos 400 metros lisos, onde conquería un rexistro de 1.01 minuto. Pola súa banda, Samuel Castedo gañaba o concurso de salto de altura, onde facía un mellor salto de 1.80 metros.

Na proba dos 1.500 metros lisos, Nerea Lage e Noelia Sánchez eran segunda e terceira respectivamente, mentras que Borja Arias, Mara Montes e Ramón Loureiro gañaban a súa serie de 60 metros lisos. Por último, Nerea Montes tamén tomaba parte na proba dos 100 metros lisos.

Etiquetas