Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

Miraz acolle a presentación da novela ‘Madialeva’

Por 2 Xaneiro, 2020Sin comentarios

O próximo día 4 de xaneiro, ás 12 da mañá, no local social de Miraz, terá lugar a presentación da novela gráfica Madialeva, creación de Ana Moreiras. Trátase dunh obra que reflicte o rural galego a través das narracións recollidas ao longo do tempo pola veciñanza desta parroquia friolesa.

A autora, de orixe friolesa, é licenciada en física e actualmente profesora de tecnoloxía dun instituto de Boiro; ten un perfil poliédrico o que a leva a estar implicada en múltiples proxectos tanto educativos coma creativos, como Olloboi.

Madialeva pretende fixar esas historias cotiás que forman parte da  colectividade e que, en definitiva, estruturan a forma de ser e pensar da mesma. Estas achegas que pretenden que o que se transmitiu de xeración en xeración para que non quede perdido na memoria da xente de idade.

Como di a propia autora: “O amor pola miña terra e a nosa lingua levoume a emprender esta aventura. Unha especie de chamada de socorro para alertar da grave crise que sufre o noso rural, que está esmorecendo”.