Skip to main content
ActualidadeRiotorto

Riotorto contará coa súa cabalgata o día 5

Por 3 Xaneiro, 2020Sin comentarios

A Asociación de Amas de Casa, en colaboración co Concello de Riotorto, organizará finalmente unha cabalgata de reis, que terá lugar o domingo 5.

Esta arrincará da casa da cultura ás 20.00 horas percorrendo as principais rúas da vila e con chegada ao salón de actos ás 21.00 horas.

Neste lugar está prevista a actuación do coro eo grupo de gaitas de Riotorto.

Os Reis Magos terán un agasallo para todos os nenos, que consistirá nun vale para A tenda de Loli.

Unha vez rematada a cabalgata servirase un chocolate con roscón de reis no centro sociocultural totalmente gratuíto.

Os interesados en colaborar coa cabalgata poden facelo no teléfono 982 346 171 preguntando por Olga.