Skip to main content
ActualidadeBegonte

O Concello de Begonte destinará 16.000 euros á mellora da Fonte de San Benito

Por 4 Xaneiro, 2020Xaneiro 10th, 2020Sin comentarios

hdr

Tal e como se recolle nos orzamentos de Begonte, o Concello destinará unha partida de 16.000 euros para renovar a estrutura e a cuberta do lavadoiro da popular Fonte de San Benito, situada na parroquia de Baldomar.

Os traballos inclúen a substitución da actual construción anexa por outra máis respectuosa coa contorna xa que nalquel momneto utilizouse bloque, cemento e uralita. Será substituída por columnas de pedra e estrutura de madera vista.

Os plans do Concello son ter as obras rematadas antes do verán aínda que estarán moi condicionadas polas condicións climáticas.

A Fonte de San Benito de Palermo ou San benito Negro é orixinaria do 1881, situada nas proximidades do santuario do mesmo nome que no mes de setembro acolle unha romería popular de moita sona, na que se bendice aos a animais.