Skip to main content
ActualidadeVilalba

A banda da loba presentará en febreiro o seu novo traballo

Por 5 Xaneiro, 2020Sin comentarios

A banda da loba, presentará o seu novo traballo Fábrica de luz o 1 de febreiro no cine Alovi das Pontes e o 29 de febreiro no auditorio de Vilalba.

Despois do éxito acadado co seu primeiro disco, Bailando as rúas, presentarán o seu segundo traballo, Fábrica de luz, composto por doce cancións que prometen non deixar a ninguén indiferente.

Fábrica de luz, é un traballo de creación, reflexión e homenaxe en torno á idea de nai entendida nun sentido amplo. A lingua e a terra, son as primeiras nais, fábricas de luz. As creadoras que nos precederon e as que nos acompañan nesta viaxe son tamén fábricas de luz. As nosas nais, as vosas nais, todas as nais son fábricas de luz. Son fogar, tempo e amor incondicional. Son poder, loita e memoria. Son todo o que nos permite ser hoxe tamén fábrica de luz.

A banda da Loba é música con M de muller, diversidade, enerxía e música caleidoscópica que bebe de tódalas fontes totalmente libre de complexos. Os seus directos son adrenalina, compromiso e diversión a partes iguais.