Skip to main content
Actualidade

Botan area como solución provisional ao campo de adestramento de Castro

Por 6 Xaneiro, 2020Sin comentarios

O Concello de Castro de Rei acondicionou unha parte do campo de adestramento trala desfeita que realizaron uns rapaces durante a noite ao entrar no campo cun coche e realizar numerosas buxainas no mesmo ata deixalo impacticable para a práctica deportiva.

Este feito, que foi denunciado ante a Garda Civil, foi atribuído a un vándalo sen identificar aínda que posteriormente sóubose da autoría. Mentres esperan o atestado fíxose a primeira acción, que consistiu en botar area para que poda continuar a actividade deportiva aínda que para acondionalo definitivamente haberá que suspender os adestramentos polo que se esperará ata atopar unha data convinte. Estímase que a reparación terá un custe de preto dos 2000 euros.

Ese terreo de xogo, no que tamén se adestran os rapaces das categorías inferiores do Castro, non está valado pero si claramente delimitado pola propia trama urbana, de modo que a persoa que conducía atravesou a beirarrúa para entrar e para saír do terreo.

Segundo as investigación o condutor puido acceder ao campo, situado á beira do centro médico da localidade e da estrada LU-113, desde a parte de atrás da Casa da Cultura.