Xermade organiza un curso de xabóns cosméticos e cremas

O Concello de Xermade organiza un taller de elaboración de xabóns cosméticos e cremas que se celebrará do 8 ao 15 de febreiro.

O obradoiro desenvolverase na Casa escola de Momán entree ás 16.00 e as 18.00 horas e terá un prezo de 15 euros. Os materiais necesarios para a elaboración dos xabóns xa van incluídos na cuota de inscrición.

Ademais, ao finalizar o curso, os asistentes poderán levar para casa os produtos elaborados.

A inscrición deberá facerse entre o 13 e o 31 de xaneiro e terán prioridade as persoas empadroadas no Concello.

Para máis información haberá que chamar ao 982 501 001.

Etiquetas