Skip to main content
ActualidadePol TERRACHÁXA

A Chintofanería prepara en Pol un laboratorio de feltrado de lá de ovella

Por 12 Xaneiro, 2020Sin comentarios

A Chintofanería, en colaboración co Concello de Pol, celebrará un Laboratorio de feltrado de lá de ovella, na escola de Cirio.

Haberá dous grupos, un os martes a partir das 17.15 horas e outro os xoves ás 11.15 horas.

Este taller desenvolverase a cargo de Chintofanería co obxectivo de achegar o traballo artesanal da lá de ovella a través da experimentación sensorial e artística.

Os interesados en participar deberán inscribirse no 678 864 818.