As Pontes reclama á ampliación da oferta educativa

O Concello das Pontes, o IES Castro da Uz, a Asociación de Empresarios e Usuarios de Suelo Industrial de As Pontes (Seara) e as empresas Estructuras Metálicas del Norte Siglo XXI S.L., Fitter Montajes Estructurales S.L., Acebrón Calderería S.L., Metalúrgica Pontesa S.L. e Prometal Tecnología e Innovación S.L. asinaron un acordo para solicitar á Xunta de Galicia a ampliación da oferta educativa no municipio.

Este acordo nace do compromiso dos axentes políticos, económicos e sociais da vila para, en palabras do tenente de alcalde, Antonio Alonso, “acompasar todos os intereses das Pontes, nunha época de incertidume, para contar cunha oferta formativa de calidade que permita xerar profesionais cualificados que respondan ás necesidades das empresas da controna”.

Nese sentido, Alonso indiciu en que “a Xunta debe dar un paso adiante e amosar o seu compromiso co futuro do noso municipio, apostado polos concellos do rural, polos xeográficos medios que dan cobertura e se adaptan ás necesidades formativas e educativas de concellos limítrofes ”.

Así, todas as entidades impulsoras deste acordo solicitan á Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, como medida de mellora da empregabilidade dos veciños e veciñas da vila das Pontes, a implatanción do ciclo, de forma dual, de soldadura e caldeirería.

Desde o Concello subliñan que “ é preciso que a Xunta de Galicia aposte por As Pontes, a través de servizos, que atendan aos intereses dos veciños e veciñas, formando a profesionais no ámbito da soldadura e caldeirería, a través de formación téorica e práctica, que permita atender ás demand

Entendendo a importancia e necesidade da ampliación da oferta educativa no municipio, o Concello das Pontes, non tendo compentencias no ámbito da formación regrada,  a través deste acordo, comprométese a dotar ao centro educativo Castro da Uz, das ferramentas técnicas e espazos precisos para a posta en marcha do ciclo formativo de soldadura e caldeiraría e a intermediar laboralmente co tecido empresarial e os demandantes de emprego así como a prestar asesoramento e orientanción ao alumando coa colaboración dos axentes sociais e económicos do municipio.

Pola súa banda, as empresas asinantes do acordo comprométense a facilitar a formación dual do alumando do ciclo de soldadura e caldeiraría nos seus centros de traballo, acollendo un mínimo de doce persoas así como a artellar as medidas necesarias para a insercción laboral do alumnado traballador deste novo ciclo formativo nas empresas do municipio.

Neste acordo, os axentes económicos e sociais das Pontes socilitan o mantemento dos ciclos formativos que se imparten no municipio: grao profesional básico de informática de oficina, grao medio de electromecánica de vehículos automóbiles, grao medio de sistemas microinformáticos e redes, grao superior de administración e finanzas e grao superior de mantemento electrónico.

Etiquetas