Skip to main content
ActualidadeBegonte

Begonte abre o prazo para solicitar as axudas a asociacións

Por 13 Xaneiro, 2020Sin comentarios

O Concello de Begonte abriu o prazo de solicitude para as subvencións a asociacións culturais, deportivas e veciñais para o ano 2019 dirixidas principalmente á realización de actividades co obxectivo de fomentar a participación da veciñanza.

O período que se terá en conta para a realización de actividades será o exercizo económico do 2019 e poderán solicitalas todas as asociacións rexistradas no Concello de Begonte, sen fins lucrativos e que están ao curso das obrigas tributarias.

O Concello destinará unha cuantía máxima de 15.000 euros cun máximo por asociación de mil euros para as asociacións veciñais e culturais e de 600 para as deportivas.

A concesión das subvencións realizarase por concorrencia competitiva e os beneficiarios terán a obriga de xustificar o importe total concedido no prazo que se indique na notificación da concesión. O prazo de presentación rematará o 30 de xaneiro.