Skip to main content
ActualidadeVilalba

O IES Lois Peña Novo celebra unha xornada de portas abertas

Por 13 Xaneiro, 2020Sin comentarios

O vindeiro xoves 16 de xaneiro no IES Lois Peña Novo de Vilalba, o Departamento de Transporte e Mantemento de Vehículos vai celebrar unha xornada de portas abertas para todo o público en xeral, xornada que se levará a cabo dende as 15:30 ata as 21:00 horas e na que se van expoñer as novidades que agora mesmo hai nas enerxías empregadas na mobilidade.

Todo o profesorado do Departamento participará nesta xornada na que poderán visitarse talleres onde se imparten as clases teóricas e prácticas, así coma coñecer varios vehículos que se empregan nas mesmas e ver como traballan conxuntamente diferentes tecnoloxías implantadas en vehículos híbridos, GLP, Hidróxeno ou Eléctricos 100%.

O centro dispón de vehículos adaptados dos modelos Toyota Prius, Honda IMA, Seat GLP, Ford Hidróxeno, Renault Fluence, Tesla Model S P85 así como puntos de
carga de vehículos eléctricos.