Xosé Otero Canto volve gañar o concurso de poesía do Belén de Begonte

O XLIV Certame Nacional de Poesía sobre o Nadal convocado polo centro cultural José Domínguez Guizán de Begonte, deu a coñecer aos seus gañadores deste ano.

Así, o primeiro premio, dotado con 600 euros e unha estatuiña de Sargadelos, foi para Xesús e a Crónica de Beria presentado co lema Ignotus, do que é autor Xosé Otero Canto, de Lugo.

O segundo premio, dotado con 300 euros e a estatuíña de Sargadelos, concedeuse ao poema Begonte, do que resultou ser  autora María do Cebreiro Rábade Villar, de Santiago de Compostela.

Tamén concedeuse unha mención de honra pola calidade do traballo, dotada cunha estatuiña de Sargadelos, ao poema Tiempo de Navidad, do que é autor Juan Lorenzo Collado Gómez, de Albacete.

Os premios serán entregados no decurso do acto de clausura do tempo de Nadal begontino, o próximo 25 de xaneiro, e ao acto asistirán ooxurado formado por Jesús Domínguez Guizán, presidente do centro Cultural convocante; Xavier Rodríguez Barrio, escritor; e Xulio Xiz, xornalista

Etiquetas