Skip to main content
ActualidadeMuras

Aprazan ao 23 a reunión dos afectados pola tuberculose en Muras con Medio Rural

Por 16 Xaneiro, 2020Sin comentarios

Os veciños da parroquia da Balsa afectados polo foco de tuberculose no seu gando non terán a súa reunión co Conselleiro de Medio Rural, e serán recibidos polo Director Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Silvestre Balseiros Guinarte, e mailo Director Xeral de Desenvolvemento Rural, D. Miguel Ángel Pérez Dubois o próximo día 23 xa que a reunión prevista para o día 10 tivo que ser aprazada.

Coñecedores como son estes veciños de que se trata dunha cuesión de saúde pública, plantexaranlle aos responsables da Consellería cambios en varias cuestións, en especial nas compensacións, que “non son coherentes coa situación real”.

Segundo lle trasladarán, reciben un pagamento por cada vaca enferma moi inferior ao seu prezo de mercado. Por outra banda, o protocolo establece o sacrificio dos animais de contacto polos que non se recibe a compensación regulamentaria.

Preto de 750 animais na Balsa están inmobilizados por este brote de tuberculose co obxectivo de evitar o contaxio xerando uns custes elevadísimos para o gandeiro.

O alcalde de Muras, Manuel Requeijo, e o concelleiro socialista, Mario Rouco, asistirán a esta reunión para tratar tamén outros temas de interese para o concello de Muras como a necesidade de colaboración económica para construción de depósitos comunitarios de auga para usos veciños e veciñas, indemnizacións danos causados fauna animal á cabana gandeira, impulsar a concentración parcelaria nalgunhas parroquias e novos proxectos de recuperacion de aldeas e a poítica de descentralización de recursos no tema de matadoiro móbiles e oficinas agrarias. Ademais, buscarán o apoio da Xunta na celebración da Feira do Poldro e Feira do Mel de Montaña para ano 2020.