Skip to main content
ActualidadeBegonte

O Certame de debuxo infantil do Belén de Begonte ten gañadores

Por 16 Xaneiro, 2020Sin comentarios

O xurado da XLIV Certame de Debuxo infantil sobre O Nadal de Begonte convocado polo centro cultural José Domínguez Guizán de Begonte, fixo público o listado de gañadores.

Dividido en dúas categorías, establecéronse varios primeiros e segundos premios. Así, os primeiros premios na categoría A, ata 10 anos foron para Carmen Iglesias Fernández de 10 anos e alumna do colexio Xoan Rei-Lourenzá, Pedro Granda Gómez de 10 anos do colexio Milagrosa e Gael Álvarez Río de 9 anos e alumno do colexio O Cantel de Foz.

Os segundos premios foron para Sergio García Barrera de 10 anos e alumno colexio Xoan Rei-Lourenzá; Selena Teijeiro Vázquez de 9 anos do colexio O Cantel de Foz, Iria Parga Piñeiro de 6 anos e Sofía Gómez García de 10 anos, ambas do colexio Virxe Do Corpiño-Begonte; e Claudia Platero Andrade de 7 anos do colexio Foz Nº 1

Na categoría B, de 11 a 15 anos, os agasallados cos primeiro premios foron para Edison Jempiere Apaza Flores de 14 anos do Ies Vilar Ponte-Viveiro, Jimena Fernández-Reinante Pérez de 11 anos do colexio S.Miguel De Reinante e Irene Fernández Martínez de 11 anos do colexio O Cantel-foz.

O segundos premios nesta categoría foron para Beatriz Salgueiro Garcia de 14 anos do Ies Diaz Castro, Zaira Vázquez Vallo de 15 anos do Ies Díaz Castro-Guitiriz, Emma  Pérez Santon e Paula Osorio López, de 11 anos do colexio Illa Verde, e Antía Maragoto Peña de 12 anos do Ies Vilar Ponte-Viveiro.

Os primeiros premios están dotados con 60 euros e os segundos con 30 euros, con cadanseu trofeo. O certame está patronado por Caixa Rural Galega.

Neste certame participaron un total de 167 concursantes, dos que 105 correspondían á categoría A e 62 á categoría B.

Os premios serán entregados no acto de clausura do Nadal en Begonte o próximo 25 de xaneiro, ás cinco da tarde, no salón de actos do centro cultural begontino.

O xurado estivo formado por Jesús Domínguez Guizán, presidente do centro cultural José Domínguez Guizan; Manuel Gulín Rodríguez, pintor, e Xulio Xiz Ramil, xornalista, acordou conceder os seguintes premios.