Skip to main content
A PastorizaActualidade

A Rigueira, na Pastoriza, estará de festa dous sábados seguidos

Por 17 Xaneiro, 2020Sin comentarios

A parroquia da Rigueira, na Pastoriza, celebra os días 18 e 25 as súas festas na honra a San Vicente.

O primeior día, o 18, as actividades festivas darán comezo a partir das 13.30 horas coa sesión vermú a cargo de Verónica Cambón, á que seguirá un xantar veciño servido polo cátering Villapol. Pola tarde, a artista local fará unha sesión musical vespertina.

O seguinte sábado, 25, haberá misa ás 13.30 horas con procesión. A animación musical estará a cargo de Kalima 3.0, que tamén se ocupará da verbena.

A organización informa que o campo da festa estará cuberto con carpa e calefacción.