Skip to main content
ActualidadeVilalba

Abre un novo prazo de inscrición para as escolas deportivas de Vilalba

Por 17 Xaneiro, 2020Sin comentarios

O Concello de Vilalba abriu un novo prazo para apuntarse ás Escolas Deportivas deste curso 2019/2020, que conta cun total de 15 modalidades entre as que se inclúen baile e patinaxe, ademais de manter as do curso anterior.

Este segundo prazo de inscrición estará aberto ata o 24 de xaneiro. Tal e como indican desde o Concello, as persoas interesadas deberán entregar o formulario pertinente que se facilitará, xunto co certificado de conta bancaria no primeiro andar do consistorio, de 9 a 14 horas nos días estipulados. Así mesmo o trámite pode facerse mediante sede electrónica na web do Concello. Tamén está aberto o prazo para darse de baixa ou cambiar de modalidade.

Neste abano de posibilidades, aparecen de novo aeróbic, baloncesto, fútbol, fútbol-sala, ioga, judo, loita olímpica, tenis, tenis de mesa, triatlón, ximnasia rítmica, pilates, iniciación deportiva, e tamén para este curso patinaxe e baile.

Os grupos de plates, a quenda 1 de Ioga e a quenda 1 de patinaxe non reciben máis alumnos ao estar completas.

O custo para as persoas empadroadas no Concello de Vilalba será de 90 euros, e para as non empadroadas de 180 euros, con posibilidade de fraccionar o pago en dous.

As escolas, que deron comezo o 7 de outubro, finalizarán o 31 de maio do 2020.