Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Concello de Vilalba humanizará a contorna do auditorio

Por 17 Xaneiro, 2020Sin comentarios

O Concello de Vilalba deseñou un proxecto para facer unha reforma da contorna do Auditorio Municipal Carmen Estévez, que se convertería así nunha zona axardinada. A actuación contempla a zona limitada pola instersección das rúas Pita da Veiga, Porta de Cima e As Pedreiras.

O proxecto encargado polo actual goberno local recolle a instalación de bancos e dunha pérgola no tramo inicial da rúa das Pedreiras, entre o cruce coa rúa Pita da Veiga e as escaleiras de acceso á praza de Santa María. Esa zona, ademais, pasará a ter unha menor presenza de tráfico, xa que se prevé prohibir o aparcamento e darlle unha aparencia e unha utilidade máis ben propias dunha praza, na que tamén se poderían celebrar actividades. Entre as obras previstas figura tamén a renovación do pavimento, que será de formigón e de granito, e a ampliación das beirarrúas. O proxecto propón demoler un dos inmobles en ruíñas que son titularidade da Zunta para habilitar unha zona axardinada e prolongar as beirarrúas ata Porta de Cima.

O orzamento da actuación é de 166.000 euros. O concelleiro de Urbanismo, Luís Fernández, afirmou que se trataba dunha intervención prioritara para o goberno local e que se esperaba lograr a colaboración económica doutras administracións para levala a cabo. Tamén se espera, dixo, o edil, a autorización de Patrimonio para a obra. O obxectivo é levala a cabo de forma complementaria á rehabilitación de dous antigas vivendas que está a realizar o Igvs.

A obra completaríase coa renovación do alumeado público e das redes de abastecemento e saneamento.