O Concello instala en Bretoña unhas mesas para xogos

Concello da Pastoriza procedeu tamén á colocación de novo mobiliario urbano na localidade de Bretoña. A praza conta xa cunhas mesas de cantería de axedrez e de parchís e os seus respectivos asentos para que pequenos e grandes, cando mellore o tempo, poidan desfrutar delas. Esta dotación urbanística supuxo unha inversión de preto de 3.000 euros.

Segundo explica o alcalde “a decisión de colocar unha mesa de xadrez e outra de parchís foi como consecuencia de que o ano pasado os nenos e nenas do colexio de Bretoña e de Pastoriza obtiveron uns estupendísimos resultados no xogos da mancomunidade e a raíz disto os papás solicitaron esta infraestrutura”.

O Concello antes da súa instalación consultou coa Anpa local para buscar a súa ubicación. Entre todos decidiron poñelas na praza pública “para que se poidan utilizar cando o centro esté pechado e para darlle tamén máis vida ao centro da vila”, engade Iglesias.

O alcalde avanzou tamén que se poñerá outra na Pastoriza, orientada á mesma ocupación, e co obxectivo de “fometar esta actividade”.

Etiquetas