Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Guitiriz traballa con Cogami para tratar a discapacidade feminina no Concello

Por 18 Xaneiro, 2020Febreiro 4th, 2020Sin comentarios

O Concello de Guitiriz manifestou o seu interés en colaborar coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) para formar un grupo de traballo con mulleres con discapacidade do concello de Guitiriz e zonas limítrofes, co fin de poder levar a cabo obradoiros de autocoidado e empoderamento.

A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, e a concelleira de Benestar Social, Laura Ageitos, reuníronse coa traballadora social de Cogami, Carla Fernández, que adiantou a posta en marcha destes obradoiros e a posible colaboración do concello na cesión dun espazo municipal onde poder levalos a cabo e na convocatoria das participantes.

O goberno local de Guitiriz manfifestou interese por colaborar con esta iniciativa como xa se fixo anteriormente noutros proxectos que levou a cabo a Asociación de Mulleres con Discapacidade (Acadar), entidade que forma parte de Cogami.

A través destes obradoiros de autocoidado e empoderamento dirixidos a mulleres con discapacidade, o que se pretende é fomentar e reforzar o autocoñecemento, a autoestima, as habilidades sociais e comunicativas, igualdade e a autonomía persoal.

Estas accións siguen as liñas actuais enmarcadas dentro da axenda 2030, na que participa o Concello de Guitiriz, e a través do seu Obxectivo de Desenrolo Sostible (ODS 5: Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a tódalas mulleres e as nenas).