Búscase a colaboración cidadá para o proxecto de recuperación do Cine Man de Rábade

O Concello de Rábade está a preparar o proxecto de recuperación do antigo cine Man e sala Agarimo, co obxectivo de darlle unha funcionalidade municipal.

Por está razón, o Concello pide a colaboración cidadá para ter toda a información posible do que foron estos espazos, tan transcendentais e representativos da historia de Rábade.

Solicita por tanto que lles fagan chegar fotos, vídeos ou calquera outra información sobre os locais para poder facer unha recuperación acorde coa historia do local.

Etiquetas