A Nova Poesía Guitírica publica a revista NPG Gazeta

A Nova Poesía Guitírica vén de rematar o primeiro número da súa revista NPGgazeta de agrupacións poéticas de base.

Así, o N° Cero da revista conta con 60 páxinas de poemas de máis de 50 poetas que se poderán descargar gratuitame te en PDF nos próximos días e que sairá tamén en papel.

Nesta publicación podense atopar versos de Ana Vila Portomeñe, Óscar de Souto, Beatriz Dourado ou Branca Villar a carón doutros de Ana Rey Gai, Eduardo Pondal, Luz Pozo Garza ou Rosalía de Castro.

Antón Tenreiro destaca a “gran participación” que houbo neste número, “que é reflexo da intensa actividade literaria que se dá na Terra Chá e hai novas creadoras que veñen pisando forte”.

Ademais, farán diversas presentacións para visibilizar esta publicación coa participación de algún dos poetas que colaboraron neste número en diferentes localidades.

Este N° Cero foi coordinado por Moncho Bouzas, coa colaboración da artista Isabel Pardo no apartado artístico, a montaxe de Xelo Teixido, Zeltia Villar na fotografía e Antón de Guizán no deseño.

Etiquetas