Abre en Begonte a mostra coas obras do certame de arte

A Casa da Cultura de Begonte acolle esta semana os cadros participantes no XXX Certame de Artes José Domínguez Guizán contra a violencia sexual despois de permanecer na sala de exposicións da Delegación Territorial da Xunta de Galicia desde comezos do presente mes.

O primeiro dos cadros que aparece á esquerda da fotografía é o orixinal da pintora Adolfina Mesa, que acadou do xurado o primeiro premio deste Certame, e será utilizado polo Concello de Begonte nas súas campañas a prol da igualdade e contra todo tipo de violencia, especialmete a violencia sexual.

A mostra permanecerá na Casa da Cultura begontina ata o próximo vintecinco de xaneiro, data na que serán clausuradas as actividades desenvolvidas en Begonte dentro da campaña do nadal.

Etiquetas