Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

Friol organizará un taller de informática básica para adultos

Por 21 Xaneiro, 2020Sin comentarios

O Concello de Friol celebrará un taller de informática básica para adultos do 30 de xaneiro ao 30 de maio.

Esta actividade será todos os xoves de 16.30 a 18.30, e para participar é necesario anotarse chamando ao 982 375 001 ou 982 238 000.

Con este obradoiro inténtase un achegamento dos usuarios ao sistema informático e internet, proporcionando os coñecementos básicos para concebir o curso como un recurso informativo e de coñecemento.