Unha oficina técnica sobre o PXOM atenderá aos veciños de Cospeito

O BOE publicou a aprobación inicial do PXOM de Cospeito, polo que a se abre durante dous meses un prazo para información pública e a posibilidade de presentar alegacións.

O documento pode consultarse xa na páxina web do Concello de Cospeito na apartado de sede electrónica, as como nas dependencias municipais en horario de oficina.

O obxecto desta exposición público é que os veciños os consulten e presenten as alegacións que crean convintes.

Ademais, o Concello puxo a disposición dos veciños unha asistencia técnica para entender o documento que funcionará neste tempo os xoves e venres a partir do 23 deste mes.

Así os dous días pola mañá, entre as 10.00 e as 14.00 horas, estarán a disposición dos veciños na casa da cultura de Feira do Monte e os venres pola tarde, entre as 16.00 e as 19.30 horas, abrirán na casa da cultura de Muimenta.

Este servizo estará activco en xaneiro os días 23, 24, 30 e 31. En febreiro será o 6, 7, 13, 14, 20, 21, 27 e 28 mentres que en marzo quedan o 5, 6, 12, 13 e 20.

O alcalde lembra que se suspende o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de plan cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente.

A suspensión terá unha duración máxima de dous anos e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento. As áreas afectadas pola suspensión son en todo o termo municipal.

A corporación de Cospeito apoiou con unanimidade no mes de decembro a aprobación inicial do PXOM, un documento que leva en proceso dende 2001 e no que se abriron máis de 140 expedientes.

Etiquetas