Skip to main content
Actualidade

A casa museo de Manuel María acolle este sábado un concerto de poemas

Por 22 Xaneiro, 2020Sin comentarios

Este sábado, 25 de xaneiro, ás 20 horas, no auditorio da Casa-Museo Manuel María, celebrarase o concerto Pondaliana. Un traballo editado pola AS-PG e A Mesa, e que naceu en 2017 froito da colaboración de máis de unha ducia de músicas coordenadas polo profesor Francisco Rodríguez e a Sociedade Cultural Medúlio para conmemorar o centenario do pasamento de Eduardo Pondal.

A proposta, que pretende achegar achegar a poesía dun dos nosos clásicos ao grande público, mestura sons propios da nosa tradición con aqueles máis contemporáneos e entre os poemas musicados no espectáculo encóntranse O combate de Dumbría, Afiade esas fouces, Eu son galeguiña ou Carballos de Carballido. No escenario poderase ver a Lidia Piñeiro, voz e pandeiro, Cabe Garcia, guitarra, Fernando Fouce, percusión, e Xoán Padín, voz e guitarra.

O prezo do billete é de 5 euros e pode reservarse en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no tel. 698177621