A vilalbesa Julia Cabarcos, proclámase campioa de España de culturismo

A vilalbesa Julia Cabarcos vén de proclamarse campioa de España na súa terceira tempada profesional como culturista, unha disciplina na que xa despunta entre as mellores do mundo.

Esta vilalbesa, que iniciou a súa carreira fai catro anos de seguido convertiuse nunha das culturistas con máis nivel de Galicia e de España, onde logrou alzarse con este título na súa terceira tempada como profesional.

A deportistas vilalbesa ocupa a posición décimo oitava no ranking mundial de fisicoculturismo e como ela misma dí, tivo que traballar duro no ximnasio, pero tamén fóra del, ademais de asumir moitos sacrificios no seu día a día.

Etiquetas