Veciños de Abadín denuncian un vertedoiro incontrolado en Tarraxís

Veciños da parroquia de Moncelos, concretamente no lugar de Os Tarraxís denunciaron a existencia dun vertedoiro incontrolado.

Está situado na pista que baixa paralela á casa do Vigo, onde se atopaga un contedor que xa fai algún tempo,  que desapareceu e non o repuxeron. Trala súa desaparición, o lugar pasou a ser un vertedoiro.

Como explican os veciños, a acumulación de basuras sen control supón un peligro tanto para a saúde como para o equilibrio medioambiental e consideran que a labor de concienciación social é claves para o desenrolo sostible e respetuoso co Medio Ambiente. +

Así, solicitan a reposición do contedor en dito lugar para evitar este comportamento.

Etiquetas