A Pastoriza asina un convenio para instalar calefacción na escola de San Cosme

A concelleira nacionalista da Pastoriza, Elva Carrera, asinou  xunto con Maite Ferreiro, vicepresidenta da Deputación, un convenio de colaboración para sufragar os gastos de instalación dun sistema de calefacción no local social da escola de San Cosme, así como a dotación dun equipo audiovisual para o salón de actos do centro cultural, xuvenil e da terceira idade da casa da cultura, dado que o existente quedouse obsoleto e o seu funcionamento é deficiente.

Etiquetas