Cova da Serpe organiza unha quedada nocturna de ciclistas

O grupo Btteiros Cova da Serpe organiza unha quedada nocturna por Sobrado que terá lugar o día 8 de febreiro coincidindo co plenilunio

A saída será ás 18.30h. do Polideportivo e a chegada está prevista sobre as 22.00h ao mesmo lugar. a ruta vai ser circular duns 30 quilómetros e trancurrirá pola zona do Bocelo entre Sobrado e Toques.

Ás dúas horas de ruta, farase unha pequena parada na taberna de Brañas en Toques “para que cada un se avitualle a súa maneira”, como din os organizadores. Volverán dirección Pena Moura por Forno dos Mouros, lugar onde se fará o descenso ata o punto de saída. Á chegada ó Polideportivo, haberá duchas e lavado de bicis.
Despois da Ruta e para o que queira, farase unha laconada de pretemporada no Bar Real á cal pódese levar invitados. O prezo do menú é de 20 euros para os maiores e 10 para os nenos e inclúe as bebidas antes de entrar a cear acompañadas duns pinchos de empanada e croquetas.

É necesario confirmar asistencia a cea antes do día 2.

A organización lembra que hai que levar foco e roupa de alta visibilidade. Foi deseñada para todos os públicos.

Etiquetas