O 29 de agosto terá lugar a segunda edición do festival Pozomouro

A comisión organizadora do Pozomouro comezou o traballo para poñer en marcha a segunda edición deste festival, que terá lugar o 29 de agosto en Muimenta.

Esta iniciativa cultural está baixo a dirección de veciños de Muimenta e membros da asociación cultural Aquilino Iglesia Alvariño. Trátase dun festival diferente deseñado segundo indican “como un festival onde a música non ocupará o papel central, senón que servira de nexo para facilitar o encontro das demais expresións artísticas”.

Os organizadores definen Pozomouro coma un espazo de creación, de xuntanza, de respecto e intercambio de saberes onde cadaquén poida ensinar o que leva dentro do seu ser.

O acontecemento ten lugar na praia fluvial de Muimenta, tamén coñecida pola xente máis maior como Pozo Mouro.

Etiquetas