O Concello de Abadín elimina a barreira que impedía saír da casa soa a unha veciña

O Concello de Abadín iniciou os traballos de eliminación da barreira arquitectónica que lle impedía saír da casa por sus propios medios a unha veciña con mobilidade reducida residente no Coto, na parroquia de Abeledo. Os traballos, que terán unha duraciónd e tres días, levaranse a cabo xunto á casa dunha muller.

Esta muller fixo a primeira protesta sobre a situación na que quedaba na súa casa fai seis anos, tempo no que estivo nun tira e afrouxa co Concello e que orixiou varias discusións mesmo no Pleno do Concello.

Dende 2013, ao ver que o Concello de Abadín non reparaba o problema, creouse un grupo de traballo para apoiar a Pilar na súa demanda no que estivo integrado dende o principio o Sindicato Labrego Galego e que contou coa dinamización da coordinadora do SLG na Terra Chá, Margarida Prieto Ledo. Ademais de reiteradas peticións ao Concello, tamén se recorreu á Valedora do Pobo en numerosas ocasión e informou da situación ao Consello Galego de Benestar.

Non pararon aí as reclamacións, pois o caso trasladouse á Fiscalía de Mondoñedo, expúxoo a deputada Lida Senra no Parlamento europeo e motivou tamén a lectura dun manifesto desa veciña na folga feminista do 8 de marzo en Vilalba.

En concreto, o pasado 12 de novembro, o Fiscal Xefe Provincial, Roberto Brezmes Caramanzana, ratificou a denuncia interposta pola Fiscal Instrutora do Xulgado de Mondoñedo, Claudia González Fernández, abrindo dilixencias de investigación penal contra o alcalde de Abadín por ser os feitos denunciados presuntamente constitutivos dun “delito de prevaricación, segundo o artigo 404 do Código Penal na súa modalidade omisiva, posto que a inactividade despregada na xestión do presente asunto polo alcalde de Abadín resultaría ser un comportamento que se aparta da busca da satisfacción do interese público como finalidade primordial da actuación administrativa, e trataríase dun comportamento inxusto e arbitrario e, ademais, prolongado no tempo máis alá de calquera prazo razoable…” Ese mesmo día, o 12 de novembro, o Concello de Abadín contrataba a obra que se está a executar esta semana xunto á casa de Pilar Fernández.

Etiquetas