Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Convocan un concurso infantil para deseñar o cartel da Escola de Música de Guitiriz

Por 25 Xaneiro, 2020Febreiro 4th, 2020Sin comentarios

A Escola Municipal de Música do Concello de Guitiriz abriu o prazo para presentar as candidaturas á segunda edición do Concurso de Carteis Anunciador, que organiza conxuntamente coa Asociación Mubagui.

Este certame está dirixido a nenos e nenas menores de 12 anos e, como requisito imprescindible, todos os traballos deberán versar sobre a Banda Municipal de Música de Guitiriz, en concreto sobre “O Músico que levas dentro”, contando cunha clara finalidade divulgadora e ser orixinais.

Todos deberán ter un lema e o prazo para presentalos no propio colexio estará aberto ata o 3 de abril. Os traballos admitidos serán expostos na Casa Habanera nunha exposición que terá lugar o 18 de abril.

Haberá os seguintes premios:

  • Primeiro premio: diploma acreditativo, matrícula para o curso académico 2020/20121 na Escola de Música Municipal de Guitiriz máis aluguer de instrumento (a especialidade terá que ser da Banda de Música). Asemade, será o cartel oficial da Escola Municipal de Música de Guitiriz durante o curso 2020/21.
  • Segundo premio: diploma acreditativo, una matrícula de medio curso académico na Escola de Música Municipal de Guitiriz máis aluguer de instrumento (a especialidade terá que ser da Banda de Música).
  • Terceiro premio: diploma acreditativo, aluguer durante un curso dun instrumento na Escola Municipal de Música de Guitiriz.

Para máis información, poden consultarse as bases completas na web municipal www.concellodeguitiriz.com