Arneiro acollerá unha nova proba de cetraría


O tecor Terra Chá, a Federación de caza de Lugo e a Sociedad Galega de cetrería, coa colaboración da Deputación de Lugo e dos concellos de Cospeito, Castro de Rei e A Pastoriza, organizarán un campionato de cetraría o día 15 de febreiro, que se desenvolverá en terreos de Arneiro, onde águias e falcóns mostrarán as súas habilidades no voo dende as 9.30 ata as 17:.30 horas.

Esta proba enmárcase nun proxecto do Tecor co que pretende que o coto sexa un referente para a práctica de cetraría, que é un método de caza patrimonio cultural e inmaterial da humanidade. Así mesmo, a intención é dar a coñecer ao público a cetraría polo que a organización pon a disposición dous teléfonos para anotarse a ver o campionato, o 677 207 898 ou o 699 944 581.

O concello de Cospeito habitual colaborador porá sillas para que o público que se achegue a Arneiro poda desfrutar cómodamente da proba e do espectáculo que ofrecerán as aves.

Tamén haberá carpas para desfrutar da sesión aínda que non acompañe a meteoroloxía.

Durante este mes de xaneiro, o tecor Terra Chá organizou unhas xornadas informativas coa colaboración da Sociedade Galega de cetrería e o Concello de Cospeito para que os nenos dos colexios da Pastoriza e Muimenta coñeceran a Turka, Cata e Negra, un águia de harris, e dous falcóns.

Os nenos puideron ver de cerca as rapaces e interactuar con elas. Con estas charlas pretendese dar a coñecer a cetrería entre os máis novos e inculcarlles responsabilidade e respeto polos animais.

Etiquetas