En febreiro abre o prazo en Muras para solicitar o desbroce de camiños e recollida de plásticos

O Concello de Muras abrirá durante o mes de febreiro o prazo para que os veciños que así o desexen soliciten o desbroce de camiño e o seu mantemento.

Para esta acción é necesario facer unha instancia no propio concello entre o 1 e o 28 do próximo mes.

Do mesmo xeito, tamén abrirá nas mesmas datas o prazo para realizar a recollida de plásticos agrícolas de silo, que se realiza todos os venres. As persoas que o necesiten poden facer a súa solicitude tanto por vía presencial nas oficinas como chamando ao concello ao 982 50001.

Finalmente o Concello lembra que os veciños interesadas na recollida de enseres para levar ao punto limpo poden facer a súa solicitude telefónica ou presencia para esta acción, que se realiza tamén todo pos venres.

 

Etiquetas