Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

O alcalde de Friol afirma que “En Marea e o BNG queren a involución para o rural”

Por 28 Xaneiro, 2020Xaneiro 29th, 2020Sin comentarios

Por José Ángel Santos
Alcalde de Friol

Hai uns días difundíase nalgún medio de comunicación unha nota redactada pola Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego, na que facía referencia as obras de mellora da estrada de Friol – Palas de Rei, segundo este comunicado, neste proxecto de mellora está contemplado unha tala de árbores existentes nos marxes da vía actual afectados pola expropiación que se pretende pola Consellería, segundo estes asociados están no radio de acción elementos culturais protexidos, árbores centenarias, e tamén se desfará parte da Reserva da Biosfera.

Unha vez que leo a noticia, a miña incredulidade polas mentiras que estaba a ler ía multiplicándose, non daba crédito, e pregunteime, como é posible que dita Asociación non se asegure da veracidade da información do proxecto que se pretende executar na zona? pero xa me decatei de seguido, porqué non interesaba contrastar a mesma.

Nese instante entra en xogo o BNG facéndose eco da noticia difundida polos compañeir@s e amig@s da dita Asociación e fan propias as mesmas reivindicacións, uns días despois, En Marea plaxia a nota dos anteriores. Dúas notas de prensa nas que se volvía a faltar a verdade acerca dos traballos que se pretenden na estrada LU-231.

Señoras e señores do BNG e de En Marea, aquí tamén me refiro ós/ás socios da Asociación anteriormente mencionada, seguro afines a ambos, si realmente lles interesara coñecer este proxecto, poderían comprobar in situ o novo trazado, si realmente coñeceran esta estrada e as súas peculiaridades e deficiencias, verían que a mellora da mesma é necesaria, que non afectará a ningunha árbore centenaria, a ningunha variedade protexida, como tampouco a ningún elemento cultural catalogado e moito menos se vai danar ese 1% da superficie afectada que pertence á Reserva da Biosfera, isto non o digo eu, soamente teñen que ler o informe técnico minucioso e contundente que así o corrobora.

Nacionalistas e non se sabe moi ben que, de Lugo e de Galicia, non queiran poñer atrancos a base de mentiras nas obras de mellora dunha estrada tan esencial como e a que une Begonte, Friol e Palas de Rei, reivindicada desde fai anos polos Concellos afectados, desde Friol, iniciado polo anterior goberno presidido por Antonio Muiña, e continuado polo goberno actual, moi demandada polos veciñ@s e tamén por distintas asociacións de transportistas.

En definitiva, unha vía importantísima para o impulso de tres municipios eminentemente rurais. Xa lles adianto que será unha realidade, moi ao seu pesar, conseguiremos evolucionar e non involucionar, como vostedes pretenden, optimizando os costes de produción das explotacións da zona de influencia, como tamén os sectores empresariais cos que contamos.

A pesares de todo, o BNG ten o descaro de dicir por onde pode (en Friol creo que non ten representación) que eles son férreos defensores e impulsores do rural galego, xa ninguén os cree. O que son é férreos defensores dos seus petos particulares, véxase os seus compañeiros concelleiros de Lugo e os seus compañeiros da Deputación, foi chegar, e a primeira medida que tomaron como membros do Goberno de ambas institucións foi asegurarse un bo soldo, por facer nada, todo o que tocan deteriórano. Pouco ou nada que dicir de En Marea, dado que coas súas políticas tan erráticas conseguiron ser un partido minoritario e residual de Galicia.

Señores e señoras do BNG e colegas dos anteriores, cando falan de Friol empequenécense, pídolles que non ensucien o nome do meu municipio pronunciando a palabra que o identifica. Este Alcalde non lles vai permitir que xoguen cos intereses dos meus veciñ@s, porque un só veciño/a deste Concello está por encima de todo o BNG e de toda En Marea de Galicia, non utilicen Friol para facer política de cloaca en Santiago, seguro que lles irá mellor a ambos.