Abre o proceso selectivo para escoller un xuíz de paz titular en Guitiriz

A Deputación de Lugo vén de publicar a convocatoria para a elección dun xuíz de paz titular para o Concello de Guitiriz. O Pleno será o que escolla entre os candidatos que se presenten no prazo de quince días hábiles aberto ata o 13 de febreiro.

Poderá ser nomeado xuíz de paz quen, aínda non sendo licenciado en dereito, reúna os requisitos establecidos na Lei Orgánica do Poder Xudicial para o ingreso na carreira xudicial, e non se atopen
incursos en ningunha das causas de incapacidade ou de incompatibilidades previstas para o desempeño das funcións xudiciais, a excepción do exercicio de actividades profesionais ou mercantís.

Os candidatos deberán reunir como requisitos ser español, maior de idade, non estar incapacitado, segundo o establecido no artigo 33 da Lei Orgánica do Poder Xudicial e non incorrer nas incompatibilidades e prohibicións establecidas nos artigos 389 e seguintes da dita LOPX, no que
sexa de aplicación aos xuíces de paz.

O xuíz de paz será nomeado por un período de catro anos.

Os candidatos que desexen participar deberán presentar unha solicitude no rexistro municipal coa documentación regulamentaria.

Etiquetas