Guitiriz comeza unha campaña informativa sobre bos hábitos de reciclaxe

O Concello de Guitiriz lanza unha campaña de reciclaxe co obxectivo de concienciar aos veciños e veciñas do municipio da importancia de separar correctamente os residuos que producen diariamente.

A través desta campaña, que se difundirá vía online nas redes sociais do Concello e tamén na páxina web municipal, explícase o que se debe depositar en cada contedor: amarelo (envases de plástico, latas, briks, papel de aluminio, bolsas e envoltorios de plástico), verde (restos de alimentos, materiais non reciclables), azul (papel e cartón) e no iglú verde (vidro).

Ademais, tamén existen minipuntos limpos na Plaza de Santa María (Guitiriz), na rúa Ponteveiga (Guitiriz) e na Avenida Estación (Parga) para depositar pilas e baterías, CDS, bombillas ou pequenos aparatos eléctricos.

Por outro lado, a través do proxecto ‘Aceto’ colocáronse diferentes colectores de aceite en San Xoán de Lagostelle (Rúa do Conxello, Avenida de Lugo, Curro Vello, Rúa Río Forxá, colexio Lagostelle e Centro de Saúde), en Parga (Escola das Nenas), e en Vilares (Merendero).

Para a recollida de enseres e voluminosos é necesario primeiramente chamar ao Concello no 982370109 e a recollida efectuarase o 1º e o 3º mércores de cada mes.

A través desta iniciativa o Concello de Guitiriz continúa a cumprir rigorosamente cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, neste caso concretamente o número 13 ‘Acción por el clima’ e, neste sentido, lembra aos seus veciños e veciñas que o idóneo sería reducir drasticamente o uso de envases de plástico.

Consulta o documento informativo neste enlace

Etiquetas