Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

Nerea Lage, subcampioa de campo a través e clasificada para o nacional

Por 29 Xaneiro, 2020Sin comentarios

A representante do Club Atletismo Friol Nerea Lage logrou facerse co Subcampionato Galego de Campo a Través na categoría sub 18, no torneo autonómico celebrado na localidade ourensá da Rúa de Valedorras, o cal lle dá o billete directo ao Campionato de España de Campo a Través que se disputará no mes de marzo en Pamplona. Tamén se clasifica para dita proba a súa compañeira de equipo, Noelia Sánchez, que nesta mesma cita deportiva lograba a quinta posición.

Por outra banda, a tamén atleta de Friol María Carballido lograba a victoria no Campeonato Galego de Clubs de pista cuberta celebrado en Ourense e onde competía co Atletismo Femenino Celta, club do que é filial esta tempada o Atletismo Friol.

María lograba imporse nesta proba de máximo rango autonómico na distancia dos 800 metros lisos, onde conquería ademáis un rexistro de 2.20 minutos, marca mínima para o Campeonato de España sub 20 de pista cuberta que se disputará o vindeiro mes de marzo en Sabadell (Barcelona). Neste mesmo campeonato de clubs, Samuel Castedo lograba a cuarta posición no salto de altura cun mellor rexistro de 1.75 metros, mentras que Noelia Sánchez era sexta nos 1.500 metros lisos cun tempo de 5.03 minutos.