O Fogar de Maeloc celebra un taller de siatsu

O Fogar de Maeloc acollerá hoxe, mércores, un taller de siatsu e acupuntura coas mans.

O obxectivo da actividade é “autocoidarnos, autorregalarnos, mimarnos e divertirnos”.

Impartirase sesións de estiramentos, automasaxe e relaxación a cargo de Jaime Sánchez.

Precísase roupa cómoda, esterilla e deixarse levar por esta arte milenaria que é o siatsu.

A sesi´no terá lugar de 18:30 a 19:30 horas e ten un prezo de dez euros.

Máis información no 622 913 968.

Etiquetas