O Concello de Guitiriz celebrará un aula da calma para adolescentes

Debido ao gran éxito da aula da calma para nenos, o concello de Guitiriz celebrará tamén outra para adolescentes que se manterá no tempo cunha sesión mensual.

Esta actividade está deseñada para traballar as fortalezas persoais a través de ioga, mindfullnes, ximnasia cerebral, xogos, técnicas de atención, autoestima e dirixida aos nenos e nenas entre 12 e 18 anos de idade.

Esta actividade, que leva por título Aula da Calma, constará dunha sesión mensual entre los meses de febreiro e xuño. O prazo de inscrición está aberto ata o 31 de xaneiro.

Etiquetas